Páxina oficial do Movemento dos Focolares en España
Imprimir Enviar a un amigo
Fecha:
.
Palabra
Testimonio

Editorial Ciudad nueva
Novidad















 

Sociedade

A reciprocidade do amor
ata construír a unidade,
corazón da espiritualidade dos Focolares
revélase como "paradigma de unidade"
"código" para transformar o social,
introducindo a dimensión da comuñón
e da fraternidade,
no mundo da economía e do traballo,
en política, xustiza, sanidade,
cultura, comunicacións sociais, arte.
Unha contribución á globalización da fraternidade,
da solidariedade,
que hoxe percibimos urxente.




Sementes de renovación nos distintos ámbitos da sociedade


Para contribuír a realizar o testamento de Xesús "que todos sexan un", o seu proxecto de unidade sobre a familia humana, desde os anos 50 configúrase o movemento Humanidade Nova, convertida na expresión dos Focolares no ámbito social: os seus membros representan as distintas categorías sociais e profesionais.

Este compromiso involucra tamén a demais ramificacións: Familias Novas, Mozas por un mundo unido, Mozos e Mozas pola unidade, relixiosos e relixiosas de diferentes institutos, que adhiren os Focolares.

As células de ambiente - A acción persoal ou colectiva dos membros do movemento encamíñase a revitalizar, nos distintos ámbitos, o tecido social, suscitando onde hai dous ou tres que viven o ideal da unidade, células de ambiente que actúan froito do principio do amor recíproco. Afrontan os problemas para mellora a situación das persoas individual e colectivamente. abren espazos de fraternidade, onde florece unha nova cultura, a "cultura do dar", como antídoto da cultura dominante do "posuír", superando fracturas, divisións e conflictos, para tender xuntos cara á unidade.

Obras e accións sociais e solidariedade internacional - Nos lugares máis candentes do mundo multiplícanse as obras e accións sociais e de solidariedade internacional: en Irlanda do Norte como na ex-Iugoslavia, en África central como no Líbano, nas favelas de Brasil como nos barrios marxinais de Filipinas. Estas accións suscitan a reciprocidade, superando toda forma de asistencia pasiva, revalorizando a contribución activa de cada un na promoción espiritual e social da persoa e a comunidade.


Organizacións non gobernativas - O desenvolvemento deste compromiso social suscitou o nacemento de dous ONG:

. "New Humanity" , con status consultivo xeneral, ante o ECOSOC (Consello Económico e Social) da ONU. Ten a súa sé en Grottaferratta (Roma) e representantes en Nova York e Xenebra.
. "Acción Mundo Unido" (AMU)

Cidadelas - nos 5 continentes naceron cidadelas, bocetos de cidades renovadas pola "lei" evanxélica do amor recíproco.


Algunhas etapas fundacionais do compromiso social

1944 - O proxecto para a renovación social - Baixo os bombardeos, nun refuxio antiaéreo, Chiara e as súas primeiras compañeiras, o azar abriron o evanxeo na páxina do testamento de Xesús: "Que todos sexan un" e intuíron que nacería algo universal, que chegaría ata os confíns do mundo cun forte impacto a nivel social e cultural. Empezaron pola propia cidade, Trento, intentando levar un pouco de xustiza social os barrios máis pobres. A súa aspiración era a de resolvelo problema social da súa cidade, cando nos anos 40, os bombardeos da segunda guerra mundial provocaban feridos, mortos, ruínas e pobreza.


Un circuíto vital: dar-recibir-dar - Xunto coa axuda en diñeiro ou bens de primeira necesidade, buscábase traballo para os parados, aloxamentos para os desaloxados, iniciando unha comuñón de bens espontánea entre as persoas da comunidade que se vai formando. Iníciase o circuíto vital do "dar-recibir-dar": canto máis dan alimentos, roupa, medicinas, máis reciben con abundancia inaudita, experimentando a veracidade das palabras "dade e darásevos: unha medida colmada e rebosante". Vívese coa convicción de que no evanxeo vivido encérrase a revolución social máis potente.

1948 - O encontro con Igino Giordani - En setembro de 1948, en Montecitorio, prodúcese o encontro de Chiara Lubich con Igino Giordani, pai de familia, deputado, escritor e xornalista, actualmente en proceso de beatificación, que abriu as portas dunha forte potencialidade social. O Movemento expresaba o vínculo indivisible entre a procura espiritual persoal e o compartir con tódolos homes a paixón por transformar a sociedade.

1956 - Os tráxicos acontecementos de Hungría, coa sanguínea represión dos ideais de liberdade dun pobo, estremecen Europa. Chiara Lubich advirte a urxencia de levar novamente Deus á sociedade, para que os homes encontren nel a fonte da liberdade e da fraternidade.
Lanza un chamamento desde as páxinas de revístaa "Cidade Nova": "necesítanse auténticos discípulos de Xesús, n
on só nos conventos, senón tamén no mundo. Discípulos que, voluntariamente, sigan. Un exercito de voluntarios, porque o amor é libre, capaz de edificar unha sociedade nova... que testemuñe un só nome: Deus". A resposta foi inmediata: naceron así os "voluntarios" e "voluntarias", persoas de todas as categorías e profesións, que serán os principais animadores do Movemento Humanidade Nova.

 

powered by iwith.org