Palabra de Vida – Setembro 2010
«Non che digo ata sete veces, senón ata setenta veces sete» (Mt 18, 22).
Xesús respóndelle a Pedro con estas palabras despois de que este, oíse cousas marabillosas da boca de Xesús, lle preguntara: «Señor, ¿cantas veces terei que perdoar ó meu irmán se peca contra min? ¿Ata sete veces?». E Xesús: «Non che digo ata sete, senón ata setenta veces sete».
Baixo a influenza da predicación do Mestre, Pedro, bo e xeneroso como era, probablemente pensara aterse a esta nova pauta facendo algo excepcional: chegando a perdoar ata sete veces. […]
Pero, ó responder «ata setenta veces sete», Xesús di que para el o perdón ten que ser ilimitado: é necesario perdonar sempre.
«Non che digo ata sete veces, senón ata setenta veces sete»
Esta Palabra recórdanos ó canto bíblico de Lámec, un descendente de Adán: «Caín será vingado sete veces, Lámec setenta e sete». É así como empeza a extenderse o odio nas relacións entre os homes do mundo: crece como un río desbordado.
A ese extenderse do mal, Xesús opón un perdón sen límites, incondicionado, capaz de romper a cadea da violencia.
O perdón é a única solución para frear a desorde e abrir á humanidade un futuro que non sexa a autodestrucción.
«Non che digo ata sete veces, senón ata setenta veces sete»
Perdoar. Perdoar sempre. O perdón non é o olvido, que moitas veces significa non querer mirar a realidade de frente. O perdón non é debilidade, é dicir, pasar por alto unha ofensa por medo ó que a cometeu se é máis forte. O perdón non consiste en dicir que non ten importancia o que é grave o que é bo, o que é malo.
O perdón non é indiferencia. O perdón é un acto de vontade e de lucidez, polo tanto de libertade, que consiste en acoller ós irmáns como son no obstante do mal que nos fixeran, como Deus nos acólle, pecadores, os nosos defectos. O perdón consiste en non responder á ofensa coa ofensa, senón en facer o que di S. Pablo: «Non te deixes vencer polo mal, senón vence o mal co ben».
O perdón consiste en darlle a oportunidade a quen te fixo un agravio de que poda ter unha relación nova contigo; a oportunidade de que ambos poidades retomar a vida, ter un porvir no que o mal non teña a última palabra.
«Non che digo ata sete veces, senón ata setenta veces sete»
Entón, ¿cómo viviremos esta Palabra?
Pedro preguntaralle a Xesús: «¿Cantas veces terei que perdoar o meu irmán?». E ó responder, Jesús referíase, sobre todo, á relación entre cristiáns, entre membros da mesma comunidade.
Por iso, ante todo, é necesario comportarse así cos nosos irmáns e irmás na fe: na familia, no traballo, na clase ou na comunidade da que formamos parte.
Sabemos o frecuente que é querer responder á ofensa sufrida cun acto ou cunha palabra equivalente.
Xa sabemos que, por disparidade de caracteres, por nerviosismo ou por outros motivos, as faltas de amor son frecuentes entre persoas que viven xuntas. Pois ben, hay que recordar que só unha actitude de perdón sempre renovada pode manter a paz e a unidade entre irmáns.
Sempre seremos propensos a pensar nos defectos dos nosos irmáns e irmás, a recordar o seu pasado, a querer que sexan distintos de como son… é preciso habituarse a miralos con ollos novos e velos novos a eles, aceptándoos sempre, enseguida e a fondo, aínda que non se arrepintan.
Diredes: «Pero é difícil». Se comprende, pero isto é o bonito do cristianismo. Por algo somos seguidores de Cristo, o cal pediulle ó Pai na cruz que perdoara ós que lle estaban a dar morte, e resucitou.
Ánimo. Esomencemos unha vida así, que nos asegúra unha paz inusitada e unha alegría desconocida.
Chiara Lubich