"Sempre tiven unha grande confianza nos xoves:
¡son o futuro!
Están feitos para grandes ideais e saben seguilos con radicalidade.
O que máis lles atrae é o descobrimento do Evanxeo
que se fai vida e que cumpre o que promete.
Fascínalle o ideal dun mundo unido.
Son os xoves, os mozos e mozas,
e tamén os nenos e nenas
os que transmiten este ideal os seus coetanéos".
Chiara Lubich
Os xoves propoñénse grandes metas: vivir pola Fraternidade Universal. Coa testemuña da sua vida, coa linguaxe típica dos xoves: música, expresións artísticas, deportivas e culturais e a traverso das máis variadas iniciativas de solidariedade, transmiten o ideal da unidade os seus coetáneos, xa sexa a nivel local ou con grandes manifestacións mundiais. Usan tódolos medios de comunicación: transmisións televisivas, conexións mundiais vía satélite, internet. Realizan distintas microrrealizacións de solidariedade e de paz, a nivel nacional e internacional.
Os rapaces e rapazas -
de 10 a 17 anos- comprométense a vivi-la Regra de Ouro: "Fai os demáis o que che gustaría que che fixeran a ti", recorrendo distntos
"vieiros" para construi-la unidade, entre eles:
. frente ó consumismo que invade a sociedade do noso país propoñen coma alternativa a
cultura do dar, que viven xa sexa "doando" que "doándose";
.
o deporte non é só un medio para estar en forma, senón para construir novas relacións con outros rapaces y rapazas;
. baixo o eslogan "colore
AMOs a cidade" realizan todo tipo de
actividades en prol dos máis necesitados das nosas cidades; e... moitas iniciativas máis, froito do seu ímpeto e a sua creatividade, ó través das cales convértense nos protagonistas do mundo unido.
Os nenos e nenas - de 4 a 9 anos- captan a mensaxe evanxelica do amor e víveno axudándose dun orixinal xogo:
" o dado da arte de amar" as suas caras indican diversos matices: amar a todos, se-lo primeiro en amar, amar a Xesús no outro, facerse un, amarse recíprocamente, amar ó inimigo. Transmiten con espontaneidade e sinxeleza a sua forma de vida os seus compañeiros e a miudo, esta mentalidade evanxelica toca tamén o corazón dos adultos. Teñen un amor especial polos máis necesitados e con grande xenerosidade comparten as suas propias cousas e inventan moitas iniciativas para axudalos.