Páxina oficial do Movemento dos Focolares en España
Imprimir Enviar a un amigo
Fecha:
.
Palabra
Testimonio

Editorial Ciudad nueva
Novidad















 

Focolares en general Reseña
Un pobo nacido do Evanxeo

Precisamente nos tempos -1943- nos que Europa viviu os anos máis escuros da súa historia, pola violencia e o odio do segundo conflicto mundial, nunha pequena cidade do norte de Italia, Trento, Chiara Lubich, unha moza mestra de pouco máis de 20 anos, con algunhas outras mozas, baixo os bombardeos que destruían tódalas cousas, descubriron no Evanxeo aqueles valores do espírito capaces de reconstruír no home a súa verdadeira dignidade e recompoñer a familia humana na fraternidade e na unidade. Esta sería a faísca inspiradora do Movemento dos Focolares.

O amor evanxélico descóbrese como unha revolución persoal e colectiva que sa divisións, conflictos e desigualdades sociais. Con estupor, aquel primeiro grupo experimenta a luz, a forza, o valor, o amor, froito da presencia de Xesús, que El mesmo prometeu cando dúas ou máis se reúnen no seu nome, é dicir, no amor. Unha luz que ilumina a última oración de Xesús ao Pai: "Que todos sexan un". Este proxecto divino sobre a familia humana, convértese no programa da súa vida: "Fagamos da unidade entre nós o trampolín para ir onde a unidade non existe e creala"

Os efectos: "Cada día aumenta o noso  redor o número de persoas, de calquera idade e condición social que fan da unidade o seu estilo de vida. Apáganse así odios e rancores. Moitas familias se recompoñen atopando a paz". Nace a certeza de que no Evanxeo está a solución de calquera problema persoal e social.

Nace así o Movemento dos Focolares de renovación espiritual e social, que rapidamente difundirase primeiro por toda Italia, despois Europa e os demais continentes. Desde os inicios a xente chamano "dos focolares" (lume de fogar) polo "lume" do amor evanxélico que animaba a Chiara e as súas primeiras compañeiras. O Movemento asume hoxe a fisionomía dun pobo comprometido en contribuír á civilización do amor, cara á realización dun mundo unido, que vive esta nova corrente de espiritualidade: a espiritualidade da unidade, tipicamente comunitaria.

Pola variedade da súa composición, cos anos, o Movemento asume as dimensións dun pequeno pobo, como o definiu o Papa Juan Pablo II.

O Movemento foi aprobado oficialmente pola Igrexa Católica, coa denominación "Obra de María". Leva este nome porque "a súa típica espiritualidade, a súa fisionomía eclesial, a variedade da súa composición, a súa difusión universal, as súas relacións de colaboración e amizade con cristiáns de distintas Igrexas e comunidades eclesiais, con persoas doutras relixións e de boa vontade, e pola súa presidencia laica e feminina, demostran un vínculo especial con María santísima, nai de Cristo e de cada home". (Dos Estatutos Xerais do Movemento)

O Movemento, pola variedade das persoas que o compoñen -xoves e adultos, nenos e adolescentes, familias e sacerdotes, relixiosos e relixiosas de distintas congregacións e tamén bispos- ainda sendo unha única realidade, articúlase en 18 ramas.

No ámbito da cultura,construiuse un centro de estudos interdisciplinar, a Escola Abba, que agrupa a profesores comprometidos en elabora-las primeiras liñas dunha cultura alumada polo carisma da unidade.
Posteriormente,desenroluose mediante unha rede internacional de estudosos, profesionais, estudantes, etc. que profundizan en cada unha das materias e promoven congresos, cursos formativos, seminarios e publicacións.

Para difundir esta cultura, existen:

Editorial Ciudad Nueva, en 31 paises;

Revista Ciudad Nueva, de opinión e información xeral: 43 edicións en outras tantas nacións e en 28 linguas diferentes.

Nuova Umanità, revista bimestral de cultura (en italiano);

Unidad y Carisma e Gen`s, bimestrais de cultura e información eclesial, en diferentes linguas, tamén en castelán;

Centro S. Chiara e Charisma, centros de produción audiovisual.

O Movemento dos Focolares sitúase nese fenómeno do florecemento dos Movementos Eclesiais que o Papa difiniu "unha resposta suscitada polo Espírito Santo diante deste drámatico reto do fin do milenio".

O Bispo de Trento, Mons. Carlo De Ferrari, deu a primeira aprobación, a nivel da Igrexa local, nO 1947:
  "Aquí está o dedo de Deus". Seguirán as aprobacións pontificias: a primeira no 1962; a máis recente, para os desenrolos posteriores, no 1990.


Para coñecer máis profundamente:

As orixes
A espiritualidade
Onde estamos
A composición
powered by iwith.org