Páxina oficial do Movemento dos Focolares en España
Imprimir Enviar a un amigo
Fecha:
.
Palabra
Testimonio

Editorial Ciudad nueva
Novidad















 

Focolares en general Chiara Lubich
Chiara Lubich
fundadora e presidenta
do Movemento dos Focolares


"Ninguén sabía
 cal sería
 o desenrolo desta obra,
 as circunstancias que se verificaron pouco a pouco
 fórono revelando.
Tamén a estrutura do Movemento,
 máis que suxerida por ideas humanas,
 foi inspirada por un carisma,
 é dicir,por un don de Deus"
                   
                  Chiara Lubich


Nos comenzos dos anos ´40, Chiara Lubich, con pouco máis de 20 anos, baixo os bombardeos que todo o destruen, no medio do clima de odio e violencia da Segunda Guerra Mundial, atópase dunha maneira "fulgurante", como ela mesma define, con Deus Amor: Deus, que ningunha bomba das que caían sobre Trento -a sua cidade natal- podía destruir. A sua vida cambiará radicalmente. Este descubrimento é comunicado de seguida e compartido polas suas primeiras compañeiras. Así, no caso de morrer, quixeran escribir sobre a sua tumba unha única inscripción: "Hemos creido en el amor".

Deus, descuberto con amor, alumará e transformará a sua existencia e a de millóns de persoas, amosándolle coma finalidade da sua vida: contribuir á actuación das verbas do testamento de Xesús "Que todos sexan un" (Jn 17, 21), o seu proxecto de unidade sobre a familia humana.

Xa entón, Chiara tivo a intuición de que estaba nacendo algo novo que chegaría ata os últimos confíns do mundo, alumando e renovando a sociedade. Neses anos iníciase unha historia na que están contidas as primicias do desenrolo futuro. En pouco máis de 50 anos, a partires da experiencia do Evanxeo vivido a cotío,inicia unha corrente de espiritualidade, a espiritualidade da unidade, que suscita un movemento de renovación espiritual e social con dimensións mundiais: o Movemento dos Focolares

 
 
 
powered by iwith.org