Trátase dun modelo que atrae e produce froitos.
Parellas a piques de romperse
reencontran a forza para buscar un diálogo novo,
e para reconstruír o que se rompeu.
Nun mundo que esqueceu os grandes valores
e que asiste inerte á disgregación
da "célula fundamental da sociedade"
o testemuño de familias motivadas
por valores fundamentais, solidarias, abertas,
son fermento dunha sociedade comprometida
na dimensión social, relixiosa e civil.
O Movemento Familias Novas
Nos seus case corenta anos de vida -naceu en 1967- o Movemento Familias Novas traballou para poñer en pé un novo modo de ser familia, e unha innovadora cultura familiar construída a través de catro grandes liñas mestras: educación, formación, socialización e solidariedade.

Todo parte do compromiso dos seus membros en vivir con radicalidade a espiritualidade da unidade. Unha “vocación” que, na familia, tamén é formación. A relación de profunda unión que os pais constrúen día tras día, convértese en referencia educativa para os fillos. Neste marco, a diferencia de xeracións xa non é enfrontamento entre opostos, senón un intercambio positivo.
"A familia non se pecha sobre se mesma -dicía Igino Giordani, considerado por Chiara Lubich cofundador de Familias Novas- senón que se expande como célula que vive en canto convive cos irmáns. A sociedade nova nace, como nunha sagrada fonte natural, da familia que vive o Evanxeo".
Formación

Escola Loreto - É a escola internacional para familias que Familias Novas realiza desde 1982, e formou ata agora, 1.200 parellas de todo o mundo. Máis recentes son os cursos para mediadores familiares, recoñecidos pola Unión Europea. A súa sé está na cidadela de Loppiano, preto de Florencia (Italia). Tamén noutros países xurdiron escolas semellantes.
Congresos Internacionais temáticos- Caracterízanse polo intercambio entre familias e expertos de nivel mundial.
Family-point - Trátase dun unha formación para a familia sobre os máis candentes e actuais problemas familiares. Realízanse tamén na cidadela de Loppiano.
Solidariedade Internacional
Solidariedade a Distancia - No sur do mundo, Familias Novas realiza ao redor de 100 proxectos de desenvolvemento a favor de máis de 15.200 menores, en 45 países. Estas accións, que inclúen cursos de alfabetización e de formación no traballo e na vida familiar para pais, fináncianse coa solidariedade a distancia de Familias Novas, igual que as adopcións internacionais.
En España, Familias Novas está presente en case todas as cidades, facendo propias as mesmas iniciativas de carácter internacional e outras de carácter local.Un exemplo do mesmo, é o traballo que se realiza desde 1994 no Centro de Orientación Familiar (COF) de Sevilla, orientando, sostendo e celebrando xornadas a favor da adopción, coa finalidade de ser un apoio para aqueles pais que, tendo optado pola adopción con xenerosidade, atópanse desorientados nalgúns períodos deste proceso. Esta experiencia abriu un camiño de diálogo e colaboración con organismos oficiais, asociacións e medios de comunicación.
Para máis información: www.familiasnuevas.org