
No 1958 participou na Mariápolis de Fiera de Primiero (Italia), o Padre Crossaso, francés, quen retornando a Francia, facilitou ós focolarinos algunhans direccións de persoas que poderían estar interesadas en coñecer ós Focolares. Deste xeito, Piero Pasolini convirtiuse no primeiro en chegar a terras peninsulares, facendo unha primeira viaxe no xaneiro de 1959 dende París a Barcelona. Alí coñeceu algunhas persoas, entre elas Pep Pereña, o primeiro focolarino español e ó canónigo Oliveras que, impactado pola experiencia evanxelica que lle presenta Piero, decide participar na seguinte Mariápolis, no 1959, ainda en Fiera de Primiero. Foi el directamente quen lle pidiu a Chiara Lubich naquela Mariápolis, a apertura dun focolar en Barcelona, petición que formulou explicitamente o seu regreso a Barcelona ó Arcebispo Modrego.
Así preparouse a apertura do primeiro focolar da Península Ibérica, en Barcelona, que se puido concretar a finales de 1959 coa chegada de Nunziatina Cilento. Ó ano seguinte, no 1960, abriuse un segundo centro, tamen en Barcelona.
No maio de 1965 Chiara Lubich fixo a sua primeira viaxe a España, soamente de dous días, pero que supuxo a apertura de novos camiños para o desenrolo do Movemento. Ó remate da sua visita, expresando a profunda realidade espiritual que atopou dicía: "si un día quero descansar espiritualmente, vireí a España".
Co paso dos anos e o desenrolo que experimenta o Movemento abríronse outros centros en Madrid (1965 e 1967), Sevilla (1975), Bilbao (1979 e 1980), Vigo (1990), Valencia (1996), Granada (1998 e 2005), S. Sebastián (2003).
Ademáis destes centros, o Movemento alcanza un notable desenrolo, implicando a milleiros de persoas: familias, sacerdotes, relixiosos e relixiosas, xoves, rapaces e rapazas, etc. A propia vida evanxelica encárnase en multitude de realidades sociais e culturais, dando orixen as primeiras estructuras fundamentais, coma o Centro Mariápolis "Loreto", dentro da cidadela do mesmo nome, en Castell d´Aro (Girona), inaugurado no 1989, ou o Centro Mariápolis "Luminosa" inaugurado pola mesma Chiara Lubich na última viaxe realizada a terras españolas, en decembro do 2002. Trátase de centros nos que se forman as persoas que queren vivir a espiritualidade de comuñón dos Focolares, permanecendo sempre abertos a outras realidades eclesiais, ou a outras de carácter formativo.
O nome do Centro Mariápolis “
Luminosa”, deuselle en recordo dunha focolarina arxentina, Margarita Bavosi, corresponsable do Movemento dos Focolares en España, dende 1970 ata 1983. Morreu o 7 de marzo de 1985, deixando unha profunda pegada de santidade. En xaneiro de 2005 abriuse a súa causa de beatificación.
A raiz da última viaxe da fundadora dos Focolares, comézase a formar unha segunda mariápolis permanente en España, nos arredores de Madrid, no termo de Las Matas, que leva por nome "Castelo Exterior", querendo indicar que o que se quer testemuñar é a vida nova que xenera a presencia de Xesús entre as persoas que se aman, que viven a fraternidade, e dar visibilidade a unha obra de Deus que amosa como sería a sociedade renovada polos valores evanxélicos.
Na segunda quincena de xaneiro de 2011, María Emmaus Voce, Presidenta dos Focolares, realizou unha
intensa viaxe por distintas cidades da nosa xeografía. Antes de marcharse, deixou unha consigna: “Cada unha destas comunidades, cada un destes pobos que forman España, teñen algo que dar a todolos demáis”. E engadiu: “O pobo de Deus, o ‘pobo de Chiara’ en España, ten a posibilidade, a fortuna de vivir e testemuñar ésto ó resto de España.
Un momento moi especial desta viaxe foi a cita cos xóvenes, nun encontro que levaba por título “
Positive RevolutiON. Protagonistas do noso tempo”.
A primeiros dos anos ´60 empézase a editar a revista "
Ciudad Nueva" para manter en contacto, formar e informar as persoas que dexesaban comparti-lo espirito e a vida dos focolares. Hoxe conta con duas edicións, unha mensual en castelán e outra en catalán "
Ciutat Nova" bimestral.
O proxecto cultural e a finalidade da Editorial Ciudad Nueva, pon de relevo todo aquelo que fai medrar ó home nas suas diferentes dimensións, otorgándolle dignidade e valor; un compromiso por outra parte, que está presente na editorial dende as suas orixes, cando no 1964 publicouse o primeiro libro en castelán de Chiara Lubich, "Meditaciones".