Novos modelos de convivencia
Contruir unha cidade que aplique as propias ideas:
este é o soño de moitos pensadores
e homes de acción,
depositarios dunha gran filosofía
ou unha espiritualidade moi rica.
Tamén é un soño de Chiara Lubich,
que co paso do tempo estase convertendo en realidade.
Actualmente existen
35 cidadelas ou Mariápolis permanentes, distribuídas nos cinco continentes, con diferente nivel de desenvolvemento. Preséntanse como pequenas pero auténticas cidades modernas, con casas, comercios, lugares de encontro, centros de arte, talleres de distinta índole, pequenas empresas que contribúen ao sustento dos habitantes, a súa igrexa, as súas escolas de vida e de espiritualidade. Estas cidadelas, polo estilo de vida que propoñen, poden ofrecer unha luz nova para a convivencia nas grandes cidades.
Son, de feito, esbozo dunha convivencia social nova, que ten por lei é o amor recíproco, lei do Evanxeo, e como consecuencia, comparten plenamente todas as riquezas culturais, espirituais e materiais. Grazas a esta vida que se comunica, a súa difusión no mundo foi e é constante: reciben cada ano decenas de miles de visitantes.
Os polígonos industriais ou parques empresariais
Nalgunhas destas cidadelas, como en Brasil, Arxentina, Bélxica ou Portugal, existe xa ou están nacendo polígonos industriais ou pequenos parques empresariais, que favorecen e unen empresas inspiradas no proxecto de Economía de Comuñón.
Cada cidadela ten unha característica singular

A
internacionalidade, característica de Loppiano (Incisa Valdarno-Florencia), a primeira das cidadelas nacida en 1964. Cos seus máis de 800 habitantes de 70 nacións diferentes é un esbozo do mundo unido onde se poden ver xa unidas as diferentes razas e pobos do mundo. Tamén é internacional a cidadela de Montet (Suíza).
De
testemuño ecuménico, entre católicos e evanxélicos, en Ottmaring (Alemania), entre católicos e anglicanos en Welwyn Graden City (Gran Bretaña), ou de
diálogo interrelixioso en Tagaytay (Manila).
Tamén ofrecen unha
resposta os problemas sociais nas tres cidadelas de Brasil (San Paulo, Recife e Belem), ou dan protagonismo as mozas como en Ou´Higgins (Bos Aires). Mostra a convivencia nunha sociedade multiétnica, como a dos Estados Unidos, preto de Nova York e en Krizevci (Croacia).

A
inculturación do Evanxeo nas sociedades africanas, é típica das cidadelas africanas, como Fontem, no corazón da selva de Camerún, ou nas de Kenia e Costa de Marfil.
A nota
ecolóxica e de relación entre o home e a natureza domina en Rotselaar (Bélxica).En Europa tamén atopamos cidadelas en Polonia, Francia, Irlanda, Portugal. En América Latina están nacendo as cidadelas de México, Venezuela e Chile, e tamén en Australia, preto de Melbourne.
Tamén en España xurdiron dúas cidadelas, aínda incipientes, a Mariápolis "Loreto", en Castell d'Aro (Xirona) e a Mariápolis "Castelo Exterior" en Mátalas (Madrid), esta última, nacida a raíz da visita que Chiara Lubich realizou a España en decembro de 2002, coa finalidade de testemuñar unha experiencia de
unidade, construída e enriquecida pola diversidade de identidades, culturas e pobos de España.