CIUDAD NUEVA é un grupo editorial comprometido en difundi-los valores propostos polos Focolares e a sua aplicación: búsqueda da fraternidade universal, prestando especial atención a todo o que fai progresar a humanidade cara o mundo unido, difusión da espiritualidade da unidade e das suas propostas culturais.
O proxecto afonda as suas raices no amplo patrimonio sapiencial contido nos textos dos primeiros séculos do cristianismo. Por esa razón, o redescubrimento e a publicación de coleccións sobre os "Pais da Igrexa" convertiuse nun rasgo distintivo do catálogo da Editorial, xunto coas publicacións que poñen de relevo a novidade da espiritualidade da unidade ou de comuñón, típica dos Focolares.
Nun primeiro momento do seu desenrolo, Ciudad Nueva consolidou o seu programa editorial no ámbito relixioso, teolóxico e espiritual. Ó longo dos anos,foise compoñendo un proxecto editorial que ten en conta os desafíos do mundo contemporáneo: dende temáticas teoloxicas froito da grande estación conciliar, a todas aquelas que abordan a cultura nos seus distintos aspectos: familia e educación, diálogo fe-cultura, persoa e sociedade, etc.
A
Editorial española nace en Madrid, no 1964, coa publicación do primeiro libro de Chiara, "Meditaciones".
No 1956 naceú a primeira edición da revista "
Città Nuova". Dende entón forónse multiplicando a suas edicións que hoxe son 39 en 22 idiomas, adquirindo características distintas segundo o seu lugar de publicación. A edición na lingua castelá "
Ciudad Nueva" tivo o seu comenzo no 1958, sendo de periodicidade mensual e publicou máis de 400 números. A edición na lingua catalá, "
Ciutat Nova", de periodicidade bimestral empeza a publicarse no 1988.
As revistas de "Ciudad Nueva" propoñen actualidade, costumes, política, sociedade, igrexia, testemuñas de vida, cultura, arte, espectáculos, medio ambiente... sempre cunhan visión dos feitos, persoas e acontecementos dende a perspectiva da unidade e a fratennidade universal.
Cunha sensibilidade especial polos signos dos tempos, a revista está atenta ó diálogo e a comuñón dentro da Igrexia Católica, ó ecumenismo, ó diálogo interrelixioso, con persoas de outras conviccións non relixiosas e coa cultura contemporanea.


