Páxina oficial do Movemento dos Focolares en España
Imprimir Enviar a un amigo
Fecha:
.
Palabra
Testimonio

Editorial Ciudad nueva
Novidad















 

Focolares en España Centros Mariápolis
Os Centros Mariáplolis son unha casa, un lugar que acolle e que quere dar visibilidade ó amor recíproco, do que nos fala o Evanxeo, e que é a base da vida dos membros do Movemento dos Focolares. Un lugar para formarse na espiritualidade da unidade.

A necesidade xurde pola esixencia dos membros do Movemento de ter "a sua casa". Por iso, durante todo o ano realízanse convivencias e congresos para nenos, xoves, familias, sacerdotes, relixiosos, persoas comprometidas nos distintos ámbitos sociais, en difinitiva, para todas aquelas persoas interesadas no estilo de vida dos Focolares, independientemente do seu estado, sexo, idade, relixión ou crenza.

Ademáis dos membros do Movemento dos Focolares, moi a miudo son outros Movementos ou asociacións os que realizan os seus congresos, convivencias, ou reunións nos Centros Mariápolis. Trátase dunha casa aberta a todos.

O primeiro xurdiú nos arredores de Roma, en Rocca de Papa, nos anos ´60 e é actualmente a sede internacional do Movemento dos Focolares. Actualmente, o Centro Mariápolis internacional atópase en Castelgandolfo, e acolle anualmente a máis de 40.000 persoas que realizan alí os seus encontros de formación. Son 63 os Centros Mariápolis que existen actualmente en todo o mundo, en 49 países.

En España hai dous Centros Mariápolis. O Centro Mariápolis "Loreto", en Castell d´Aro (Girona), na Mariápolis que ten o mesmo nome, inaugurado no 1989. E o Centro Mariápolis "Luminosa", nas Matas (Madrid) dentro da Mariápolis "Castillo Exterior", inaugurado no 2002 pola mesma Chiara Lubich na sua última visita. Este nome recorda a Luminosa Bavosi, co-responsable do Movemento en España dende 1970 ata 1983, e que morreú no 1985. Era unha focolarina que deixou un regueiro de luz tras dela e que moitos ainda seguen o seu exemplo, polo amor evanxélico que impregnaba a sua vida. Sobre todo, no seu tramo final, fixo unha carreira veloz cara a Deus, cara á santidade, e de feito, en xaneiro do 2005 abriuse oficialmente a causa da sua beatificación na diocese de Madrid.



CENTRO MARIÁPOLIS "LORETO"
MAS DAUSÁ - Barri de la Crota
17249-CASTELL D´ARO (GIRONA)
Tel. 972.816712
E-mail:  cmloreto@focolars.org





CENTRO MARIAPOLIS "LUMINOSA"
C/ Poniente, 33 (Las Matas)
28290 LAS ROZAS (Madrid)
Tel. 91.6302037
E-mail: encuentros@cmluminosa.com
 
 
 
powered by iwith.org