Sitio oficial del Movimiento de los Focolares en España
Imprimir Enviar a un amigo
Fecha:
.
Palabra
Testimonio

Editorial Ciudad nueva
Novidad















 

Ámbito eclesial Relixiosos y relixiosas
Os relixiosos que adhiren os Focolares, non só se reúnen para tratar temas de tipo pastoral e organizativo, etc. senón sobre todo para compartir a experiencia de Deus que cada un fai. Con frecuencia a timidez e o respecto humano impiden poñer en común o esencial da vida relixiosa: ter un só corazón e unha soa alma en Deus. Os relixiosos en contacto con esta espiritualidade da unidade, lonxe de confundila co propio carisma, vívena en plena harmonía co carisma do propio fundador, aumentando o compromiso de vivir e actualizar o propio carisma no hoxe da Igrexa, na plena comuñón coas súas respectivas comunidades, enriquecéndose e descubrindo a vocación máis profunda da comuñón cristiá: facer da comunidade un lugar teolóxico, un lugar de encontro con Deus, como afirma Xoán Paulo II espazo teologal no que se pode experimentar a presenza mística do Señor resucitado? (Vita Consecrata nº 42), contemplando como se cumpre a promesa evanxélica: ?Onde dous ou máis están unidos no meu nome....? (Mt 18,20.).Non se trata, pois, de confundir o propio carisma con outro distinto, senón de vivir o propio en comuñón cos demais, para construír.

 Se coordinan a través de Secretarías locais, co fin de asegurar a continuidade deste estilo de vida entre estes relixiosos e manter o contacto cos outros relixiosos que se adhiren de diversos modos a este espírito, e cos demais relixiosos das diversas nacións que se senten chamados a vivir así. Ademais participan xunto ao resto de persoas pertencentes aos Focolares na vida e actividades do Movemento nese mesmo territorio. En cada lugar reúnense regularmente relixiosos de distintas congregacións, que forman un núcleo, co obxectivo de manter viva a presenza do Resucitado no medio deles.

 En España edítase tamén a revista trimestral, Unidade e Carismas, que se publica en 8 linguas (italiano, brasileiro, inglés, francés, alemán, esloveno, coreano e español), dirixida en especial aínda que non só- a relixiosos e relixiosas, que xa publica ata o momento 40 números. A través dela trátase de favorecer a comuñón e a reciprocidade dos diversos carismas, para que o intercambio de dons enriqueza a todos. Ademais de artigos de afondamento teolóxico e espiritual, ofrécense testemuños de santos e santas de tódalas  épocas, así como experiencias de vida de relixiosos e relixiosas de hoxe e perspectivas de futuro no campo dos diversos diálogos eclesiais (ecuménico, interrelixioso, cos que non gozan dunha fe relixiosa concreta).

Por outra banda, tamén se promove a encarnación deste espírito en diferentes campos da vida relixiosa e a misión apostólica (pastoral xuvenil, educación, exercicios espirituais, economía, pastoral da saúde, teoloxía, espiritualidade, compromiso social). A través de diversos congresos, ofrécense os froitos que xenera vivir este tipo de espiritualidade de comuñón, nos distintos campos de traballo, así como a súa traducción en principios doutrinais e operativos.

 O contacto dos relixiosos cos Focolares fai cada vez máis nítido que o Espírito Santo está impulsando a unidade. Con urxencia vese que o Espírito, a través da Igrexa e da espiritualidade da unidade invítanos a camiñar cara a unha comuñón máis profunda e concreta entre vocacións, ministerios e carismas. O espírito da unidade que nós tratamos de vivir e encarnar é unha vía directísima, experimentada nos máis de 60 anos en contacto coa fonte deste carisma.
 
 
 
powered by iwith.org