Páxina oficial do Movemento dos Focolares en España
Imprimir Enviar a un amigo
Fecha:
.
Palabra
Testimonio

Editorial Ciudad nueva
Novidad















 

Ámbitos de actuación Política
"O Movemento político pola unidade" promovido polo Movemento dos Focolares, propón un cambio de enfoque na actividade pública onde a fraternidade sexa, ao mesmo tempo, o obxectivo final e o método de traballo a seguir. Trátase, pois, dunha rede mundial aberta a cidadáns activos, a políticos procedentes dos distintos niveis institucionais ou militantes dos máis variados partidos e movementos políticos, a funcionarios públicos, a mozas que se interesan polas grandes cuestións mundiais e pola vida da propia cidade, e estudiosos de ciencias políticas.

Deste xeito, o “político da unidade”, aínda sendo fiel aos seus ideais persoais e de partido, concibe la “política” como a forma suprema de servizo os demais,sen discriminación de patria, partido ou relixión. A fraternidade como categoría política, que crea  unidade salvando a diversidade, é a resposta máis innovadora ás tensións e aos conflictos do mundo, tanto a nivel estatal, como nas administracións locais. Cre nun futuro de unidade para o mundo e traballa con todos, tratando de contribuír politicamente cun estilo coherente e competente.

Desde a súa fundación en España, en novembro de 2004, proseguen os contactos con personalidades da vida pública, co desexo de dar unha achega válida na complexa situación política actual, marcada fortemente pola diversidade nas identidades dos pobos que compoñen e enriquecen España. neste panorama, o específico contido político da fraternidade universal -característica do MPpU- convértese en criterio e guía para as opcións que hai que tomar a nivel político, e tamén nas relacións cotiás entre persoas de pobos distintos.

O centro do MPpU en España está composto por membros que representan distintas identidades, pobos e culturas de España: un verdadeiro laboratorio. Nestes meses traballouse para promover distintos encontros locais, para afondar no significado e as consecuencias dunha acción política que se inspira na fraternidade.

En S. Sebastián realizáronse algúns encontros cun grupo de políticos de distintos partidos, que queren profundizar na fraternidade "formarse nos valores que aporta o MPpU para levar aire fresco á política" cun preciso plan de traballo.

En Barcelona, o MPpU organizou, en pouco máis dun ano, dúas mesas redondas sostidas por algúns políticos de Cataluña, de ámbito municipal ou parlamentario, contando tamén coa presencia de Lucia Fronza, presidenta do centro internacional do MPpU e de Daniela Ropelato, tamén do centro internacional.

En Madrid realizouse un mesa redonda, na sé da Oficina do Parlamento Europeo, con politicos de distintos partidos, para afondar no proxecto de Constitución Europea

Antonio Maria Baggio, copresidente do MPpU en visita a Madrid, levou a cabo un seminario de estudio cunhas corenta persoas de toda España, para profundizar nas raíces doutrinais e espirituais da acción do MPpU.
 
 
 
powered by iwith.org