
"
O proxecto da Economía de Comuñón" nace durante unha viaxe que Chiara Lubich fixo a Brasil en 1991 co obxectivo de ofrecer, aínda que sexa en estado embrionario, unha resposta ao drama da pobreza. Durante esa viaxe Chiara impresionouse profundamente polo contraste entre a pobreza e a riqueza das metrópoles brasileiras. Deuse conta de que hoxe non abonda coas formas tradicionais de beneficencia e de axuda aos pobres. Era necesario, pois, un novo modo de producir e de distribuíla riqueza. Ela mesma explicouno con ocasión do doutorado honoris causa en Economía recibido en 1999 na Universidade de Piacenza (Italia)
"A Economía de comuñón propón comportamentos inspirados na gratuidade, solidariedade e atención os últimos -comportamentos que normalmente considéranse típicos de organizacións non lucrativas- en empresas para as que é connatural a procura do rendemento. A Economía de comuñón non se presenta tanto como unha nova forma de empresa, alternativa ás que xa existen; máis ben quere transformar desde dentro as estructuras normais dunha empresa (sexan sociedades anónimas, cooperativas ou doutro tipo), dirixindo tódalas relacións intra e extra empresariais á luz dun estilo de vida de comuñón; sempre respectando plenamente os valores auténticos da empresa e do mercado (valores resaltados pola doutrina social da Igrexa e particularmente por Xoán Paulo II na súa encíclica Centesimus annus)".
A novidade deste novo modelo, ao que adhirense máis de 700 empresas en todo o mundo, consiste en que os beneficios das empresas destínanse por igual a:

-
Soster ás persoas máis desvalidas, satisfacendo as súas necesidades máis elementais: alimento, aloxamento, saúde, educación. Mentres, axúdaselles a buscar un modo de vida digno, ata dándolles traballo nalgunha destas empresas;
-
Formar "homes novos" abertos á "cultura do dar". Sen estas persoas non se pode facer realidade unha Economía de comuñón;
-
Investir no crecemento da empresa.
En España tamén hai empresas de Economía de comuñón, que desenvolven a súa actividade en distintos campos: Construcción, Mercadotecnia e comunicación, Producción de materiais plásticos, Consultaría (técnica, psicoloxía, de persoal e formación, médica, de calidade), Servizos asistenciais, Distribución alimentaria, Comercio de productos fitosanitarios, Hostalería, Reciclaxe, Inmobiliaria, Instalacións eléctricas e de son, Estacións de servizo, Artigos de agasallo, Fabricación e comercialización de vestidos de festa e de noiva, de moda e de vestiario laboral, etc.
De especial importancia foi a fundación da Asociación por unha Economía de comuñón en España, que conta xa con corenta asociados entre empresas, empresarios e estudiosos universitarios. Sen dúbida, esta Asociación cumpre un importante papel para unir os esforzos das persoas implicadas na difusión deste proxecto, que pon á persoa no primeiro lugar da actividade económica".