Páxina oficial do Movemento dos Focolares en España
Imprimir Enviar a un amigo
Fecha:
.
Palabra
Testimonio

Editorial Ciudad nueva
Novidad















 

Titulo Subtitulo

Como resposta á crise cultural que atravesa non só occidente, e no medio dun cambio de época cara a novos paradigmas culturais, están xurdindo da espiritualidade da unidade novas liñas de pensamento, que contribúen a abrir camiños cara a unha cultura renovada.

Complexidade e fragmentación: as mensaxes que proveñen da sociedade moderna, poñen de relevo unha nova e crecente complexidade. A fragmentación actual afecta especialmente ao saber, as ideas, o pensamento. Os diversos mundos culturais non só non interactúan, senón que se escapan e ata chocan entre eles, producindo un conflicto relacional no tecido social a nivel internacional.

Unha proposta: "a cultura da unidade" - Percíbese así a urxente necesidade de promover unha "cultura da unidade", portadora de valores positivos, capaz de poñer á persoa humana no centro dos intereses culturais, con toda a súa dignidade, na capacidade relacional, na apertura e na transcendencia, como suxeito idóneo para dar o mundo un rostro e unha dinámica, máis acorde coas aspiracións dos individuos e dos pobos.

A Escola Abba - As liñas desta cultura emerxen dun centro de estudios de carácter interdisciplinar, a Escola Abba, que profundiza a nivel científico e segundo a metodoloxía propia do carisma da unidade, as intuicións orixinarias do mesmo. Está composta por Chiara Lubich e 30 expertos de distintas disciplinas: da teoloxía, nas súas variadas especializacións, á filosofía; do ecumenismo á politoloxía; das ciencias naturais á economía; da socioloxía á psicoloxía. Chiara Lubich deulle inicio en 1990, coa achega do teólogo e bispo mons. Klaus Hemmerle e profesores e expertos en materias relixiosas e laicas. Desde 1998 involucranse nesta experiencia máis de trescentos profesores e expertos dos distintos ámbitos, e de distintos países. A súa contribución baséase sobre a experiencia espiritual do carisma da unidade e sobre a súa cualificación profesional.

In diálogo cos distintos mundos culturais - Un novo desenvolvemento no campo cultura, é o comezo dun diálogo, baseado sobre a reciprocidade, co mundo cultural nas súas distintas expresións: política, economía, arte, comunicacións, pedagoxía, psicoloxía, socioloxía, medicina, dereito, arquitectura, ciencias ambientais, deporte. Promovido por secretarías internacionais e por núcleos que  xorden en distintos países, a través de congresos, seminarios, encontros, fórums, utilizando os medios de comunicación. Ademais do bagaxe cultural quérese dar unha achega de vida e sabedoría.

Un pensamento inspirado no paradigma da unidade - O diálogo está aberto a todos aqueles que senten a urxencia dos desafíos que temos diante, para elaborar un pensamento e unha doutrina nos distintos campos, inspirados no paradigma da unidade. Este non quere dicir unicidade, máis aínda, é un diálogo plural con tódolos pensamentos, as ideas, as perspectivas, de onte e de hoxe, co desexo de xerar un "producto cultural" innovador.

No espírito de comuñón - o compromiso dos membros da Escola Abba é o de realizar este diálogo non individualmente senón como comunidade científica, no espírito de amizade e de comuñón entre eles, de forma que poidan compoñer non tanto un "grupo", senón unha "unidade", un "nós", do cal xurda unha dinámica de traballo, de elaboración e enucleación doutrinal.

A influencia da espiritualidade da unidade nos distintos ámbitos culturais, foi recoñecida nos últimos anos por numerosas universidades católicas e laicas, conferíndolle a Chiara Lubich algúns doutorados honoris causa en distintas disciplinas. As primeiras mostras destas novas liñas culturais publicáronse pola revista de cultura do Movemento "Nuova Umanità"

 

powered by iwith.org